Vox tacha a "Castelao-Feijóo" de "covarde" e "cínico" pola postura do PP sobre a transferencia de tráfico a Galicia

O secretario xeral de Vox, Javier Ortega Smith, cargou contra o presidente galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, ao que se referiu durante un acto político como "Castelao-Feijóo", pola postura "covarde" e "cínica" do Partido Popular sobre a Lei para a transferencia das competencias de tráfico a Galicia.
Vox tacha a "Castelao-Feijóo" de "covarde" e "cínico" pola postura do PP sobre a transferencia de tráfico a Galicia
Vox tacha a "Castelao-Feijóo" de "covarde" e "cínico" pola postura do PP sobre a transferencia de tráfico a Galicia
ARXINA
Vox tacha a "Castelao-Feijóo" de "covarde" e "cínico" pola postura do PP sobre a transferencia de tráfico a Galicia

O tamén deputado e concelleiro en Madrid participou na tarde deste xoves nunha manifestación celebrada baixo un amplo despregamento policial nas rúas de Santiago e que se produciu días despois de coñecerse o cambio de postura dos populares sobre unha lei cuxa admisión a trámite facilitaron no Parlamento autonómico coa súa abstención pero que agora tombarán grazas á súa maioría absoluta no Pazo do Hórreo.

O acceso á sede do Lexislativo galego foi o lugar desde o que partiu a marcha, na que participou decenas de simpatizantes de Vox chegados de distintos puntos de Galicia en autobuses fretados pola organización.

A manifestación deuse baixo un importante despligue de efectivos da Policía Nacional, que retiveron a un grupo de persoas que participaban nunha contramanifestación en protesta pola presenza da formación que lidera Santiago Abascal na capital galega. Ademais, tres persoas que irromperon na manifestación a berro de "Vox escoura" o seu paso pola Rúa do Hórreo foron reducidas polos axentes.

A marcha concluíu pasadas as 20,00 horas do xoves na Alameda compostelá, onde tomou a palabra Ortega Smith para cargar contra o PP e o seu líder en Galicia, ao que definiu como "o alumno avantaxado do separatismo" a quen "(Jordi) Pujol tería nas primeiras filas das súas clases de separatismo e odio".

Logo de referirse en varias ocasións ao presidente autonómico como "Castelao-Feijóo", o parlamentario de Vox tachou ao PP de partido "camaleónico", que "se transforma" segundo o territorio "para comprar votos".

En Galicia, segundo Ortega Smith, os populares "compran o relato do nacionalismo", "compran os medios de comunicación", "impoñen" a lingua galega e "crean unha ficción histórica".

"Agora moléstalle a Benemérita", aseverou o deputado, en referencia ao citado proxecto de lei que, en caso de desenvolverse, implicaría a posta en marcha da Policía Autonómica, cuxa creación está recollida no Estatuto de Autonomía de Galicia e que se encargaría de xestionar as competencias de tráfico, función que na actualidade desempeña a Garda Civil.

Para Ortega, o PP actuou de forma "indigna" e "covarde" porque "primeiro non se atreveron a votar a favor" e abstivéronse "para que saíse adiante" e "cando Vox saíu a denuncialo" cambiaron a súa postura.

"A Feijóo que lle quede moi claro. Galicia seguirá sendo parte de España e a Garda Civil seguirá patrullando en Galicia", exclamou antes de vaticinar que Vox "botará" ao PP da Xunta "como botou" ao PSOE do Goberno de Andalucía.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento