The Charlatans, Ses, Kaydy Cain e Eagle Eye Cherry tocarán na Festa do Marisco do Grove

  • The Charlatans, Ses, Kaydy Cain e Eagle Eye Cherry serán algúns dos artistas que tocarán este ano na Festa do Marisco do Grove, desde o venres 5 até o sábado 13 de outubro.
Concertos da Festa do Marisco do Grove
Concertos da Festa do Marisco do Grove
REMITIDA
Concertos da Festa do Marisco do Grove

Os organizadores destacan que o cartel inclúe artistas locais, nacionais e internacionais "que seguro farán que a oferta gastronómica revalorice a súa tradicional fama".

O programa foi presentado este venres no mercado de abastos de Santiago, cunha mostra da combinación de gastronomía e música. O alcalde do Grove, José A. Cacabelos, e a concelleira de cultura, Emma Torres, dérono a coñecer mentres o cociñeiro xefe da festa, Paco Caneda, preparaba unha degustación de pratos que se servirán no Grove. Ademais, o grupo Los Árboles, que actuará o sábado 13, harmonizou o acto.

O Concello do Grove chega este ano á LV edición da Festa do Marisco, que naceu como un intento dos mariñeiros e mariscadores por dar a coñecer o produto da Ría de Arousa.

O cartel completo é o seguinte: o venres 5 actuarán Morgan e Freedonia; o sábado 6 The Charlatans, Australian Blonde e Pardo; o xoves 11 Ses, Mercedes Peón e Sonia Lebedinsky; o venres 12 Kaydy Cain, Muchachito e Manu TF DJ e o sábado 13 Eagle Eye Cherry, Sexy Sadie e Los Árboles.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento