O día da marmota

No noso país o 2 de febreiro é o día da Candeloria. Nos Estados Unidos o da marmota, pero vénlles sendo o mesmo.
Unha data que argallaron os romanos, aburridos como estarían de que o inverno non se acabase nunca e de non ter ningunha festa, e por tanto ningunha ponte, entre o nadal e o antroido.

O cuarto minguante do inverno é unha lata, parece que non acaba nunca, que o frío nos come os ósos, que non volveremos ver o día ao saír de traballar e que estamos condeados a ficar no sofá debaixo das mantas a ver todo canto salsarrosa nos boten. Os ancestros sabíano ben, por iso inventaron dedicarlle un día tan anodino como o 2 de febreiro a clamar ao ceo para ver que raio pasa que non vén a calor.

Ben fose indo poñer candeas á igrexa ou ben preguntándolle a unha marmota que tempo ía facer. O 2 de febreiro é o día da paciencia, cando parece que os días novos tardan tanto en chegar. Pero a vostede que máis lle dá se cando lea isto xa será día 3. Ánimo e feliz San Brais.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento