Entroidadas

Onte fíxome Spoke a súa visita semanal disfrazado de marciano.
Unha forma de sumarse, in extremis, ás festas do entroido local, pero, como el de seguido me aclarou, non era por chama-la atención ou por mera diversión que o facía, senón, máis ben, para pasar desapercibido e integrarse de pleno no ambiente  da cidade;  na que o Entroido non ten uns límites temporais definidos. Ou sexa, veume dicir algo así como que aquí todo o ano é carnaval. Este sempre foi o tempo de poñe-las cousas en solfa (en especial a autoridade) pero, mira ti por onde, o chibo expiatorio, cando seguen a desparecer prazas na superficie (e aínda faltan varios aparcadoiros por construír) é agora o «popular» multamóbil. Definitivamente, estades pola triple fila. Daquela, é lóxico que para insuflarlle vida ó Museo do Mar pensedes en dotalo dun restaurante (especializado en peixe, digo eu); ou que, queirades montar un parque temático (Etealandia) para situa-la cidade no mapa (pero iso non o fixera xa a Volvo?); ou que...
Mostrar comentarios

Códigos Descuento