Xunta inaugura en A Coruña o primeiro centro de apoio ao empregador de Galicia para "mellorar" a intermediación labora

Mato anuncia que Vigo será a próxima cidade en contar cunha oficina deste tipo

A conselleira de Traballo en Benestar, Beatriz Mato inaugurou este venres o primeiro centro de apoio ao empregador no que o Goberno autonómico inverteu 205.000 euros, co obxectivo de "mellorar" a intermediación laboral.

Ante os medios de comunicación, Mato asegurou que, con este proxecto, Galicia se coloca novamente "á vangarda" da mellora dos recursos públicos para o emprego, ao tempo que destacou que se trata dun centro no que os empresarios recibirán o "apoio" nas diferentes etapas do proceso de contratación.

"Nesta época de crise non pode quedar sen cubrir ningunha oferta", comentou Mato, quen declarou que os empresarios recibirán información e formación sobre contratos, incentivos e plans de formación.

A conselleira tamén aproveitou o acto para animar aos empresarios e aos emprendedores a aproveitar "ao máximo" as posibilidades que, ao seu xuízo, ofrece o novo centro, e coas que, segundo Mato, Galicia colle "impulso" na actual conxuntura económica para saír con máis "máis e mellores empregos".

Outra en vigo

Así mesmo, Beatriz Mato confirmou que Vigo será a próxima cidade na que se poña en marcha un centro destas características, nunha aposta da Xunta por "mellorar" a eficiencia do Servizo Público de Emprego.

"Levamos máis de sete millóns de euros invertidos dende o ano pasado", comentou Mato, quen recordou que a Xunta ten previsto inverter esta cantidade en cada exercicio ata o 2013, nun plan de "modernización" acordado, segundo a conselleira, cos empresarios e os sindicatos no "seo do diálogo social".

Mostrar comentarios

Códigos Descuento