Deste xeito, rompe con catro anos consecutivos de incremento en Galicia dos salarios. A media galega é inferior en 1.961,96 euros á española, que se sitúa en 22.837,59 euros. Con todo, Galicia recorta diferencial á baixa, dado que o descenso do 1,3% galego en 2020 é inferior ao retroceso do 2,6% no país.
De acordo a estes datos, o custo laboral neto por traballador ao ano sitúase en Galicia en 28.480,66 euros en 2019, o que supón un 1,3% menos que no exercicio anterior -a caída en España é do 2,1%-. Aquí súmanse os 20.875,63 euros de soldo e os 7.605 de custos non salariais (-1%).
O custo por traballador en Galicia é preto de 2.500 euros anuais menos que a media española (30.965,76 euros). En concreto, ocupa o oitavo lugar entre autonomías. Está case 9.000 euros por baixo dos 37.124,53 euros de País Vasco, que encabeza a táboa.
Comentarios
Hemos bloqueado los comentarios de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.
Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios