Segundo detallou o Goberno galego, este servizo permitirá que a Axencia Turismo de Galicia conte con información analítica avanzada sobre o gasto, as reservas, a ocupación e a mobilidade no ámbito turístico, así como a opinión dos visitantes.
A implementación e a explotación dun sistema de BigData turístico enmárcase no proxecto Eurorrexión destino Turístico Intelixente (EDIT), que conta con participación da Axencia Turismo de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e socios socios do Norte de Portugal e recibe apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
O prazo de presentación de propostas para a prestación do servizo permanecerá aberto até o próximo 20 de maio mediante o Portal de Contratos Públicos de Galicia.
Deste xeito, búscase desenvolver unha cultura e un turismo intelixentes, obxectivos enmarcados na Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030).
Así, aspírase a consolidar un turismo intelixente en Galicia con solucións innovadoras para facilitar a interacción co visitante e mellorar a súa experiencia. Paralelamente, promoveranse servizos dixitais avanzados en relación co Camiño de Santiago e outros puntos de interese turístico.
Comentarios
Hemos bloqueado los comentarios de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.
Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios