O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, cre que a deputada autonómica Ana Pontón, que encabeza a lista oficial aprobada polo consello Nacional saínte, é unha candidata "espléndida" para ser a nova voceiro nacional do BNG, e destacou que, "sen dúbida" sería unha grande "cabeza de cartel" para as eleccións autonómicas.
O rexedor nacionalista, que ao igual que Pontón é militante da UPG — forza hexemónica no seo do BNG— referiuse a Pontón como unha persoa "nova, con moita experiencia e con moita formación", ao tempo que destacou o feito de que sexa "muller", xa que se converterá, de saír referendada, na primeira en asumir a Portavocía Nacional do BNG.
Atendendo ás preguntas dos xornalistas durante unha rolda de prensa celebrada este martes, Lores recordou que estas cuestións, en todo caso, "son temas internos", e insistiu en que quen ten que decidir é "a militancia do BNG de forma democrática e directa".
Fernández Lores considerou que no Bloque "hai xente abonda" para encabezar o novo proxecto do BNG e reiterou que "quen saia elixido" terá o seu "apoio, como o tiveron todos os anteriores, como militante obediente" que —dixo— é.
Configuración da lista
"Eu non estou na pomada, nin en corrillos, nin en cousas desas. Nunca o estiven nin quero estar", asegurou, sobre a conformación da candidatura, na que o seu tenente de alcalde Carme Da Silva concorre como número seis.
En todo caso, ratificou que a asemblea comarcal remitiu o nome de varias persoas "dentro dun paquete" — no que si figuraba o de Da Silva e outras persoas — con nomes que les "parecían que podían achegar cousas".
Comentarios
Hemos bloqueado los comentarios de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.
Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios