O Courel, epicentro da festa de Mariño

Os membros da Real Academia Galega viaxan hoxe a Folgoso do Courel (Lugo) para homenaxear a María Mariño Ô O Día das Letras Galegas terá hoxe o seu epicentro na vila de Folgoso do Courel, na montaña lucense, «onde se fixo poeta» María Mariño, segundo o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro, a «poetisa rotunda» homenaxeada na edición deste ano da festa da lingua galega. Os membros da RAG farán ás 11.30 horas unha ofrenda floral no cemiterio de San Xoán e logo celebrarán un acto aberto ó público na escola da vila no que intervirán Darío Xohán Cabana, Rosario Álvarez Blanco e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Mostrar comentarios

Códigos Descuento