Patillas Pereiro

A estas alturas xa se leva falado moito do noso mellor ciclista: das súas pernas, da súa coraxe, do moito que o aprezan no seu Mos natal... o típico cando se ten un heroe do deporte a man e se incha o orgullo nacional mesturado co deportivo.
Pero o que é máis de admirar é que ademais é riquiño, botado para adiante e o suficientemente chulo para levar unhas patillas xeniais que fan que nos sintamos orgullosos, por unha vez, de «non parecer galegos». Óscar Pereiro Sío foi o único corredor do Tour que aparecía nas clasificacións cos dous apelidos, porque lle deu a gan; que subiu ao segundo escalón do podio co seu fillo no colo, porque lle petou, que ao día seguinte volveu a Mos cunha camiseta que pedía en inglés que se deixaran de tirar mísiles, e ninguén lle mandou. Por máis que lles amole a algúns este galego non é túzaro nin demasiado humilde, nin ningún parvo con sorte. Este é un galego con patillas, capacidade de esforzo e ideas claras. E sobre todo: é taaan feito...
Mostrar comentarios

Códigos Descuento