De vacacións

Así é como pensa estar Spoke (outro que as colle en agosto) despois de andar todos estes meses no transbordador dun lado para outro polo espazo adiante.
E, segundo me dixo, pensa pasalas aquí para familiarizarse máis coa idiosincrasia dos viguícolas. Por iso, amais de ir á praia en autobús, cousa que, tendo en conta a de coches que a asaltan de cotío, debe ir en contra das convicións dos propios do lugar, o meu amigo quere, tamén, aproveitar para ir visita-lo Museo de Castrelos, e interesarse por cándo sería un bo momento para volver e poder ver debidamente expostas as pezas de arqueoloxía que de seguro alí se gardan.Tampouco quere deixar pasa-la ocasión para que lle tiren unha foto xunto a Oliveira (canto lle resta de vida ó noso desatendido símbolo?) e dar un paseo ata a rúa das Ostras e imaxinala chea de turistas en decembro (que é para o que van investir 600.000 euros nela, non?). A cuestión é: gozará Spoke das súas vacacións en Vigolandia? A resposta a esta, e a outras preguntas virtuais, a partir de setembro.
Mostrar comentarios

Códigos Descuento