A moto do auditorio

Spoke está a vivir este mes con sentimentos enfrontados.
Se, por unha banda, hoxe inicia a súa andaina o Festival de Jazz de Vigolandia, unha aposta arriscada, pero cun enorme futuro por diante, pola outra, esta semana comezou a definitiva conta atrás para Casa Mar, unha parte indisociable do noso pasado que non vai ter máis futuro que o de pervivir na memoria das fotos. Como é posible, pregúntase un tanto retoricamente, que un edificio cualificado, curiosa e incomprensiblemente, de emblemático pola alcaldesa, estea abocado á derruba? Un edificio -ollo!- espectacular, en palabras do arquitecto Portela.Se é, como parece, por unha necesidade cultural imperiosa, onde está o proxecto cultural que vai facer do novo Auditorio (primeira pedra da invasión inmobiliaria en Beiramar) unha locomotora? Gayoso, o pai desta, sabe que xa temos varias: as locomotoras da Volvo, de Citroën, do Celta, dos museos, do Verbum... e xa que se trata dunha metáfora (dun xogo) por que, por variar, non vemos no Auditorio unha moto?
Mostrar comentarios

Códigos Descuento