Ferida grave nun accidente de motocicleta na localidade de O Incio (Lugo)

Outros ferido nunha caída de moto en A Fonsagrada e nunha colisión fronto lateral entre un ciclomotor e un turismo en San Cibrao (Ourense)

Unha muller, L.M.T. de 21 anos e veciña de Bóveda, resultou ferida de gravidade tras sairse da estrada cunha motocicleta na localidade de O Incio, en Lugo, segundo informan fontes da Garda Civil de Tráfico.

O accidente rexistrouse á altura do punto quilométrico 9,600, da estrada LU-644 que une Rubián e O Incio. Ademais da condutora, o seu acompañante, S.L.P. de 37 anos e veciño de Monforte, resultou ferido leve.

Por outro lado, tamén se rexistrou unha colisión fronto lateral entre un turismo un ciclomotor e un turismo na localidade de San Cibrao (Ourense), á altura do punto quilométrico 22.5 da OU-320, con algún ferido do que se descoñece o prognóstico polo momento.

Na Fonsagrada (Lugo), tamén se produciu unha caída de moto cun ferido na estrada que une esta localidade con Paradavella, a uns dous quilómetros deste punto.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento