A empresa galega de grupos electróxenos Genesal incrementa a súa facturación un 36% grazas ás exportacións

A empresa galega Genesal, líder no noroeste español na fabricación de grupos electróxenos, incrementou un 36 por cento a súa facturación en 2012 grazas ás exportacións, a liña de traballo que, segundo explica esta sinatura asentada en Bergondo (A Coruña), segue sendo a súa aposta.

A empresa galega Genesal, líder no noroeste español na fabricación de grupos electróxenos, incrementou un 36 por cento a súa facturación en 2012 grazas ás exportacións, a liña de traballo que, segundo explica esta sinatura asentada en Bergondo (A Coruña), segue sendo a súa aposta.

Este martes, o director xeral do Igape, Javier Aguilera, visitará as instalacións da empresa, na que poderá coñecer o proceso produtivo da empresa, desenvolvido nunha planta de 5.000 metros cadrados que conta coa tecnoloxía máis avanzada, como por exemplo, o modelado en 3D ou o control en tempo real dos custos de fabricación.

Ademais, poderá coñecer tamén as experiencias en distintos países do departamento internacional. Os principais mercados destino das exportacións de Genesal, fundada en 1994, están en Europa, América Latina, África e Oriente Medio. De feito, un dos apoios recibidos para reforzar a capacidade exportadora foi o do programa ReExport habilitado pola Consellería de Economía e Industria, a través do Igape.

Segundo explica a empresa, os resultados obtidos foron posibles grazas a unha tradición exportadora e ao seu modelo de "fabricación flexible", que consegue sincronizar a súa produción coa demanda adaptandose ás especificacións concretas fixadas polos seus clientes, marcando así a diferenza cos seus competidores.

Genesal, sociedade anónima con capital galego maioritario, desenvolve o seu negocio en tres liñas principais: enxeñaría personalizada, fabricación de equipos e mantemento posterior. En 2011 creou o seu Centro tecnolóxico.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento