Sindicatos din que o prezo que se paga a produtores lácteos é "o máis parecido á apropiación indebida"

O BNG pide á Xunta que use as "ferramentas" que ten para sancionar a industria e distribución e promover prezos "xustos"
Jorquera, con los representantes de los sindicatos agrarios
Jorquera, con los representantes de los sindicatos agrarios
EUROPA PRESS
Jorquera, con los representantes de los sindicatos agrarios

Os sindicatos agrarios (Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego) volveron a criticar este mércores a implantación dos contratos lácteos obrigatorios sen mecanismos que garantan que o prezo do leite cobre os custos aos produtores e consideraron que a contía que se paga aos gandeiros galegos —a máis baixa de España— é "o máis parecido á apropiación indebida".

Tras unha reunión co candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, o tres secretarios xerais dos sindicatos ofreceron unha rolda de prensa na que destacaron que os últimos datos de prezos, relativos a agosto, sitúan a media do que cobran os produtores galegos en 28,5 céntimos por litro, fronte aos 36 que teñen que pagar polo penso, o que lles leva a vender en perdas.

A responsable do SLG, Isabel Vilalba, criticou este "prezo ruinoso" e acusou á Xunta e ao Goberno central de "abandono de funcións" ante as "prácticas abusivas" de industria e distribución. O contrato obrigatorio, denunciou, será "unha ferramenta máis para extorsionar" aos produtores. "Hoxe máis que onte temos unha indefensión enorme", lamentou.

Vilalba reclamou que se establezan outros mecanismos para fixar o prezo do leite e advertiu de que "a estratexia das industrias" coa posta en marcha dos contratos é establecer "prezo á baixa". Ante esta situación, avisou, os sindicatos defenderán nas explotacións "a desobediencia".

Pola súa banda, o secretario xeral de UU.AA., Roberto García, reprochou á Xunta que, a pesar de que "ten as competencias cento por cento transferidas" non abrise "nin un só expediente" á industria ou á distribución polas súas prácticas pagando un prezo por baixo de custos aos produtores ou vendendo o produto tamén a un prezo por baixo do custo de produción.

Neste punto, dixo, queda en evidencia "a dobre moral da Xunta", que traslada o seu apoio ao gandeiros pero non sanciona ás industrias. Pagar este prezo cando teñen garantido que ingresarán uns 37 céntimos por revender as cisternas ou 34 polo leite en po, é "o que máis se aproxima a unha figura delituosa que se chama apropiación indebida".

"Que me leven aos tribunais, pero é o máis parecido ao que se chama apropiación indebida ou a meter a man no peto dos produtores galegos", salientou. Ademais, García avisou de que a produción en Galicia está "en caída libre" porque producir leite é "endebedarse máis".

Postura do bng

O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, comprometeu o seu apoio ás demandas dos sindicatos e afirmou que traballará no seu favor, no caso de que o BNG teña responsabilidades de goberno tras as eleccións.

O sector primario, proclamou, é "estratéxico" en Galicia e é necesario que o Goberno autonómico teña "unha clara implicación" co mesmo, posto que o peche de explotacións conducirá á "desertización do campo". En calquera caso, destacou que hai "un problema inmediato" que é necesario "atallar", que é o contrato obrigatorio.

Neste sentido, o nacionalista defendeu que os prezos "teñen que ser froito dun acordo" entre as dúas partes e reclamou á Xunta que medie e arbitre o sistema "para establecer prezos xustos". "Ten ferramentas para facelo", reivindicou e lembrou que é "ilegal" que se poña á venda leite por baixo dos seus custos de produción.

Así mesmo, pediu que non se beneficien de axudas públicas" industrias que pagan por baixo destes custos. "Hai mecanismos de sanción", insistiu.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento