Estamos rodeados

De monstros, como di Siniestro Total nunha canción do seu último disco.
O mesmiño que opina Spoke, fan do grupo desque tocaron por primeira vez nos Salesianos, e vai xa para vintecinco anos diso. Por certo, un grupo do que (anunciouno cun sorriso el mesmo esta semana) é un incondicional Rajoy, o da oposición; quen o diría

En fin, o caso é que, de atender ó que dixo o meu amigo unha vez (cando descubriu o monumento ó polbo de Xulio Verne), a nosa cidade acabará entrando no Guinness por te-lo catálogo de bestas (neste caso, bestiario) máis amplo de todo o planeta. Ó xa coñecido: Sireno (habería que incorporalo ó escudo da cidade), forzudos de circo facéndose pasar por mariñeiros, etc., hai que engadir agora unha columna de porte clásico miniaturizada, chantada (é un dicir) xunto á Oliveira, no Paseo de Alfonso, sobre a que asentan un dragón alado e a súa amazona, á que algúns alegremente chaman santa Xurxa.

Pola inscrición que lemos no chan o conxunto ten que ver coa poesía. Oh! Unha alegoría monstruosa? A Spoke non lle cabe  ningunha dúbida.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento