Goberno e Xunta crearán unha mesa de traballo cos seus servizos xurídicos para chegar a un acordo sobre o catálogo

A Xunta cifra en 4.671.000 euros o aforro producido polo catálogo entre o 1 e o 18 de febreiro
pastillas, fármacos, medicamento, medicinas
pastillas, fármacos, medicamento, medicinas
PÖLLÖ/WIKIMEDIA COMMONS
pastillas, fármacos, medicamento, medicinas

A ministra de Sanidade, Leire Pajín, propuxo este martes á conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, a creación dunha mesa de traballo cos servizos xurídicos do Estado e do Goberno galego para buscar unha solución xurídica á inconstitucionalidade do catálogo priorizar de medicamentos galego.

Así o anunciou Farjas ao termo dunha reunión con Pajín na sede do Ministerio de Sanidade, na que expuxo á ministra o funcionamento do catálogo e os resultados extraidos da súa aplicación, segundo os cales entre o 1 e o 18 de febreiro o catálogo permitiu aforrar 4.671.000 euros.

"O catálogo estase a demostrar como un instrumento eficaz, permitindo aos médicos facer unha prescrición mais eficiente, garantindo en todo momento o cen por cento da cobertura terapéutica", sostivo Farjas.

A conselleira manifestou tamén que confía en recibir nas próximas horas ou días a convocatoria dunha reunión dentro da mesa de traballo, da cal espera que permita "avanzar conxuntamente" para evitar que o litixio xurídico siga adiante.

"discrepancia competencial"

Pola súa banda, o secretario xeral de Sanidade, José Martínez Olmos, indicou que os servizos xurídicos do Estado e da Xunta se porán a traballar "inmediatamente" para buscar "solucións xurídicas" á "discrepancia competencial" entorno ao catálogo priorizado de medicamentos de Galicia.

Olmos precisou que o recurso de inconstitucionalidade presentado polo Goberno ante o Tribunal Constitucional "segue sobre a mesa", pero engadiu que se houbese solucións xurídicas se poderían tomar "outras decisións". Neste sentido, subliñou a "vontade de dialogar" do Goberno.

Segundo explicou, na mesa de traballo abordarase cáles son, en opinión dos servizos xurídicos da Administración Xeneral do Estado, os aspectos que fan que a normativa galega invada as competencias, así como as modificacións que se consideren oportunas para facer que a norma galega se adecúe ao marco competencias da Xunta.

Preguntado ao respecto, Olmos dixo que a aplicación do catálogo ao conxunto do Estado español non é a cuestión que se está a debater, como tampouco sería unha solución á cuestión competencial.

Ademais, sinalou que as medidas adoptadas polo Goberno tamén contribuíron a unha diminución "relevante" do gasto farmacéutico no conxunto do territorio español e en Galicia. Así, prognosticou que a aplicación do sistema de prezos de referencia terá un impacto global de 1.000 millóns de euros anuais. UN 60%

De impacto en galicia

Pola súa banda, Farjas asegurou que o catálogo supón un 60 por cento máis de impacto en Galicia que o sistema de prezos de referencia. Así mesmo, subliñou que neste momento é necesaria a adopción de medidas "eficaces, eficientes e consensuadas" que garantan a "sostenibilidad" e "viabilidade" do sistema sanitario español.

Neste sentido defendeu a aplicación do catálogo, que, sinalou, conta co "apoio explícito" de todos os profesionais sanitarios de Galicia e coa "aceptación" de todos os galegos, e que permitiu unha redución do gasto farmacéutico. Ademais, manifestou a "vontade de traballo conxunto" e "de consenso" da Xunta.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento