A outra memoria

Os que nacemos despois da morte de Francisco Franco tamén temos memoria histórica.
A memoria de todo canto pasamos na nosa infancia, ergo, na televisión. A nostalxia de Marco, de Comando G e do pan con Nocilla está xa máis gastada que a serie Verano Azul, así que a moitos de nós préstanos máis acordarnos non só da memoria histórica senón do feito diferencial que supuñan as series tan guais que daban na tele galega. Dende Magnum até o Dr.

Who pasando por Alló Alló, Dr. Slump, Os novos ou A víbora negra, a ficción internacional deunos grandes alegrías, pero máis nos deu a súa dobraxe.Inesquecíbeis os santos morcegos do heroe  Batman ou a frase que bautiza estas columnas. Shin Chan é o gran profe de galego dos nosos nenos.

As dobraxes da televisión galega, pagadas cos nosos cartos, forman parte do noso patrimonio e deberían estar en todos os deuvedés do mundo. O triste é que á TVG non lle interesa. Pero a nós si, e aí temos as nosas series na rede grazas ao xeneroso esforzo de usuarios anónimos. O dito: todo sexa pola memoria.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento