Cartos a SGAlla

Diso é do que se trata.
De recadar cartos da xentiña toda que ten bares, fai festas, argalla espectáculos ou quere montar unha obra de teatro, así sexan discapacitados psíquicos. A Sociedade Xeral de Autores de España si que está montando un bo espectáculo nos últimos días, e xa pouco lle queda por facer para perder o aínda menos prestixio que lle queda.

A min non me amola que unha entidade leve a cabo prácticas que se poden considerar abusivas con tal de recardar máis cartos para os seus socios. É o seu traballo, son os seus socios. O que me alporiza é que o fagan en beneficio da cultura, da creación e de todas esas cousas que sen eles non existirían. E de que as autoridades da devandita cultura lles entren ao trapo.

Agora veñen de anunciar que lles poñerán preitos a todas as webs que os poñen a feder. Que como sabemos todos, e tamén eles, non son poucas. Pero nalgo terán que meter tantísimos euros que lle comen á poboación co choio este da cultura. A letra con talonario entra.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento