De hoxe nun ano

Se hai 365 días nos contan moitas das cousas que pasaron este ano aínda estariamos rindo hoxe.
Comezando pola mudanza de Fraga de Monte Pío a un piso de prestado na zona monumental -e esmorgueira- de Santiago, seguindo pola voda de Jesús Vázquez co seu mozo de toda a vida, e a de varios centos máis de gais, ou polo impacto de ver un pontífice alemán con tricornio , e rematando por ver a selección galega xogar contra Uruguai cunha chea de políticos no palco.

Hai que ver nun ano como cambiou o conto. Xa o dicía Mafalda, o aninovo é coma un caderno en branco sobre a que escribir o resume que dentro doutros 365 días faremos xornalistas coas principais noticias, as fotos máis espectaculares, o recordo aos que morreron (dá calafrío pensar nos que estatisticamente morrerán, toquemos madeira...), e logo empezaremos o caderno do 2007.

Cambiar de ano é rutinario, pero tamén moi excitante. É que a vida, máis ou menos, vén consistindo niso. Feliz 2006.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento