...e agora volvo

Era a forma na que, segundo Spoke, el (ou ela) remataba sempre o de «baixo por tabaco...», cando xa decidira coller e saír pola porta, sen volve-la vista atrás, e desaparecer entre a multitude.
A mesma multitude que, chegada de todo o planeta con motivo dunha famosa regata, disque fai que a cidade pareza vivir nunha hora punta sen fin. A mesma multitude, supoño, que fixo que Spoke chegara tarde, e cun espírito negativo, á nosa cita semanal.

«Non será todo isto da Volvo, a famosa regata, unha especie de remake daquel filme de Berlanga, no que toda a vila se preparaba, engalanándose, para recibir unha visita sumamente importante que lle ía solucionar tódolos problemas? Unha visita que, todo hai que dicilo, pasaba como unha exhalación por diante dun impagable Pepe Isbert (xa non quedan alcaldes coma el, por certo) e dunha chea de xente ilusionada, axitando bandeiras e be rrando.»

Así falaba Spoke. Eu, procurando mitigar o seu alienescepticismo, repetía aquilo de «sempre nos quedarán as obras»; pero el seguía, erre que erre: «Ti que cres, non será todo isto da Volvo a escenificación dunha despedida?».

Mostrar comentarios

Códigos Descuento