Así o destacou este sábado, na inauguración da nova sede do Bloque no Barco de Valdeorras (Ourense). Reivindicou, así, ser unha organización "cunha longa historia de loita e traballo en defensa dos intereses dos galegos".
En clave local, Pontón viu "cada vez máis forte" ao BNG do Barco de Valdeorras, e confiou en lograr "bos resultados" nas próximas eleccións municipais.
Neste sentido, animou a militantes e cidadanía a "sumar esforzos" nos comicios para converter aos veciños en "protagonistas reais" do seu concello.
"Necesitamos todas as mans porque hai moito por facer, mesmo para manter eses dereitos que tanto custaron e que pensabamos que estaban conquistados para sempre", advertiu, segundo trasladan os nacionalistas a través dun comunicado de prensa.
Respecto diso, no acto, referiuse a dereitos como a saúde, a educación, a vivenda, o traballo e "o dereito a unha sociedade libre de violencia machista" e a "unha vellez digna". Todo isto "que se daba por feito", avisou, "siegue en grave risco e está ben lonxe de ser unha realidade".
Comentarios
Hemos bloqueado los comentarios de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.
Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios