AGE insta a seguir "atentos" por se a retirada da lei acuícola é "electoralista" e pide que dimita Quintana

O deputado de AGE Juan Manuel Fajardo celebrou a retirada do anteproxecto da lei de acuicultura por parte da Xunta, pero advertiu ao sector de que é necesario "seguir atentos" para evitar que o Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo á "cole pola porta de atrás", ao tempo que instou á conselleira do Mar, Rosa Quintana, a dimitir.

O deputado de AGE Juan Manuel Fajardo celebrou a retirada do anteproxecto da lei de acuicultura por parte da Xunta, pero advertiu ao sector de que é necesario "seguir atentos" para evitar que o Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo á "cole pola porta de atrás", ao tempo que instou á conselleira do Mar, Rosa Quintana, a dimitir.

En declaracións aos medios nos corredores da Cámara, Fajardo subliñou que a retirada definitiva da norma -que Feijóo anunciou inicialmente que se "paralizaba"- "demostra que o sector estaba no correcto" e que "non se pode lexislar contra a maioría".

Así as cousas, suxeriu que a Xunta debe "tomar nota de dúas cuestións", de que non pode seguir facendo leis sen contar coa cidadanía" e de que "non é de recibo que retire" esta norma "cando se anunciara unha multitudinaria manifestación para esta fin de semana en Santiago".

"Parece que o Goberno só reacciona a base de patadas e a cidadanía non ten que estar a dar patadas a un Goberno que ten que gobernar para todos; e aquí demostrouse o contrario", lamentou, para engadir que é "evidente" que "a conselleira e o director xeral están deslexitimados", polo que "ambos os dous teñen que marchar" coa lei.

"retirada electoralista"

"Está demostrado que non son ben recibidos polo sector", aseverou o deputado de AGE, quen apelou a ser "cautos" ante a posibilidade de que esta sexa "unha retirada electoralista" e que a norma quede "nun caixón á espera de volver sacala".

Non en van, apuntou que esta lei "nace" dun plan impulsado polo exconselleiro Enrique López Veiga. Así, fixo unha chamada ao sector, para subliñar que a de hoxe é "unha vitoria", pero é necesario "seguir atentos" para evitar que o Goberno de Feijóo á "cole pola porta de atrás, cunha disposición adicional e doutro xeito" porque "queda claro que non é de fiar".

Mostrar comentarios

Códigos Descuento