Un home resulta afectado por inhalación de fume nun incendio en Santiago

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na madrugada deste venres o Hospital Clínico de Santiago a un home afectado por inhalación de fume nun incendio nunha vivenda compostelana.

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na madrugada deste venres o Hospital Clínico de Santiago a un home afectado por inhalación de fume nun incendio nunha vivenda compostelana.

Segundo a información do Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o propio implicado pediu axuda a un veciño en torno ás 5,45 horas da madrugada. Foi este veciño o que chamou os servizos de emerxencias para informar de que se estaba a producir un incendio nunha vivenda da rúa Castrón Douro.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Policía Nacional e Local, Protección Civil e os Bombeiros da cidade, que sufocaron o incendio. As lapas queimaron unicamente á campá extractora, pero o fume afectou ao propietario da vivenda, que foi trasladado por unha ambulancia do 061 ata o CHUS.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento