Un operario resultou ferido este martes ao sufrir un golpe cunha plataforma elevadora nas obras do AVE do Eixe Atlántico, na estrada que une Rianxo e Catoira.

Segundo informa a Central de Emerxencias 112, a alerta foi recibida ás 17,14 horas e foi solicitada a intervención da Garda Civil e de Protección Civil de Rianxo.

Urxencias Sanitarias, que xa tiña constancia do suceso, evacuou o ferido a un centro hospitalario.

A última previsión da ministra de Fomento, Ana Pastor, é que o AVE no Eixe Atlántico entre en servizo esta lexislatura, que conclúe en 2015.

Consulta aquí más noticias de A Coruña.