E por suposto, falan un galego que quen lles dera a moitos presentadores adultos da TVG. Diante do regusto nostálxico e revanchista dalgúns outros programas, teñen que ser os cativos os que nos traian a inocencia e frescura.
Eles non se/nos rompen a cabeza, asumen o galego sen problema aínda que non sexa a súa primeira lingua e móstrannos a Galiza do futuro, a rural e a urbana, poboada por galegos de orixe búlgara, islandesa, romanesa, dominicana.
Vivindo felices, sen complexos e con moita arte que darlle ao mundo. Tal vez non sexan representativos de toda a realidade, pero a tele pública ten que dar exemplo. Eu de maior quero ser coma eles.
Comentarios
Hemos bloqueado los comentarios de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.
Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios