A beleza, con perdón

Está moi mal visto, polo menos no meu ámbito de xente con estudos e certa conciencia ou cargo dela, ver ou falar dos concursos de beleza.
Esta fin de semana celébranse Miss e Míster España e eu, aproveitando o mal tempo, hei facer o posíbel por pasalo en diante da tele vendo eses corpos esculturais baixo o sol artificial de Marina D’Or. A beleza é un don outorgado en maior ou menor medida, igual que a intelixencia, e que logo cada quen debe coidar e administrar.Eu vexo Miss e Míster España igual que vexo Saber y Ganar, para gozar con envexa da beleza e da sabiduría dos outros, e para facer un pouco de patria se é que algúns dos cabalos dispensando na contenda son veciños meus. O do machismo non o teño moi claro, porque tan cachos de carne son uns coma as outras.

Só hai unha cousa que si me pareza discrimitatoria, antidemocrático, antiautonómica e, en definitiva, fatal. Por que aos homes non os fan desfilar con ese espantoso traxe rexional?

Mostrar comentarios

Códigos Descuento