Faltan luces

É o que me vén dicindo, case metaforicamente, Spoke desde hai semanas: nesta cidade hai poucas luces.
Aínda que, para ser xustos, habería que dicir que non é tanto que non as haxa, como que, en gran medida, non carburan. Non será que tanta luz nos estaba cegando? Quizais sexa este un bo momento, di el, de facer un reconto das lámpadas que se necesitan, e de onde se necesitan máis. Desde logo, asañarse coa iluminación non está ben, pero durmir coa luz prendida, e aumenta-la súa intensidade segundo pasan os anos, tampouco.

París, a cidade da luz por antonomasia, non se distingue precisamente pola dilapidación de electricidade cando chega o serán. Aquí, en cambio, unha praga de farois de estilo «imitación decimonónica», que se amorean nas beirarrúas, non dá tregua ás sombras da noite. Por que ese interese en que vivamos días exclusivamente diúrnos? A este paso, imos acabar coma esas aves poñedoras que xa hai tempo que esqueceron o que é botar unha cabezada.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento