ETA, un bo aliado

Foi en Mondragón o sempre lamentable feito dunha morte provocada, para a maioría da poboación un asesinato, para algúns unha acción de guerra. Tamén é lamentable a utilización da víctima polos dous grandes partidos para que a xente non pense no que temos gracias a ambos, e lles voten. Salvo un par de leis axeitadas, o que temos é un caos lexislativo que so beneficia aos que delinquen; o que temos son leis inxustas e non democráticas (como a lei eleictoral feita polo PSOE e polo PP que tanto favorece a istos dous partidos). O que temos é a desigualdade ante a lei estabelecida por lei; o que temos son uns medios públicos de comunicación monopolizados polo PP e polo PSOE, e para o seu beneficio; o que temos son preto de 900 mortos (no ano 2007) en accidente laboral; o que temos é paro e emigración de españois; o que temos son gobernos que non nos informan debidamente de asuntos importantes como o Tratado de Lisboa, a cantidade anual para gasto militar ou que quería ETA por deixar as armas. Abelardo Fernández. Vigo.