A cacería de focas

nadmisible, deplorable. Non se pode consentir que Canadá asasine milleiros e milleiros de focas (moitas delas de só 12 días) por puro pracer e sadismo. Apoiándose en argumentos e escusas baratas que non creen nin eles mesmos. Estas focas son seres vivos igual ca nós. Merecen o mesmo respeto e teñen os mesmos dereitos que calquer ser humán.Todos estes asasinos actúan de forma vil,despiadada, sanguinaria, e o peor de todo,de forma impune e consentida no Golfo de San Lourenzo.
O noso goberno e a UE en xeral debería tomar medidas tal e como fixeron países como Bélxica, prohibindo a utilización de peles de foca. O meu boicot ós produtos canadenses comenzou hai xa moito tempo. Dende aquí animo a todo o mundo a que faga o mesmo. ¡Boicot Xa!