Espazos comúns

Se de algo pode presumir Spoke é de coñecer cantidade de lugares espaciais, ou o que, no seu caso, vén sendo o mesmo, de te-la capacidade de manexarse en espazos moi diversos.
Pois ben, el di que canto máis lonxe de nós están os espazos, máis comúns, máis públicos son; e os espazos, segundo Spoke, defínense polo seu uso. Por exemplo: ningún particular reclamou a propiedade da lúa, de momento (porque ninguén fai moito uso dela); pero, aquí, de seguir así, a certos hostaleiros da cidade vai haber que pedirlles instancia para poder pasear polas súas zonas de influencia: ata tal punto teñen copáda-las beirarrúas coas terrazas de verán. E falando de verán, a praia, nesta época, é un dos lugares comúns por excelencia, aínda que algúns tardaron en decatarse. A praia do Vao é o que é por unha iniciativa que ninguén discute. Como as derrubas: só as cuestionan voces illadas. Para cando, logo, a do muro de Samil?
Mostrar comentarios

Códigos Descuento