Mundo Verbena

Vén de estrearse na TVG o programa Mundo Verbena coa intención de facer apoloxía da mesma, e recoñecer a dignidade desas manifestacións culturais que tanto gustan, aínda que algúns prefiran ignoralas.
O das orquestras non é unha broma: as principais contan cunha tropa de fans que xa quixeran moitos cantantes. As que máis soan nos últimos anos -Panorama, París de Noia e Philadelphia- manteñen senllas páxinas web case tan espectaculares coma os seus shows.Con fotos e vídeos de cada actuación, nos que saen os públicos de cada vila, con club de fans, merchandising e todo. E sen apenas cancións propias, pero coa máis sagrada misión que deben ter os músicos: entreter, emocionar, divertir, facer mover o corpo.
Mostrar comentarios

Códigos Descuento