Mundo verbena

Vén de estrearse na Televisión de Galicia o programa Mundo Verbena coa intención de facer apoloxía da mesma, e recoñecer a dignidade desas manifestacións culturais que tanto gustan no noso país, aínda que algúns prefiran ignoralas.

Con fotos e vídeos de cada actuación, nos que saen os públicos de cada vila na que actúan, con club de fans, merchandising e todas esas lerias que teñen os verdadeiramente grandes. E sen apenas cancións propias, nin ínfulas artísticas ao uso -que artistas vaia se son- pero coa máis sagrada misión que deben ter os músicos: entreter, emocionar, divertir, facer mover o corpo.Quen queira que mire para o outro lado, pero a verdade é que aínda non sei que lle ven de malo ao suá-suá.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento