O Bierzo é noso

O New York Times acaba de descubrir o Bierzo.
Vou precisar: o crítico de viños do New York Times, que con semellante título xa pode ter un ego de aquí a Manhattan, vén de publicar unha crítica na que sinala a comarca do Bierzo como o gran descubrimento do século no que a viños se refire.Nunca antes oíra el tal topónimo e agora éncheselle a boca de morapio ao comparalo cos caldos españois das dúas últimas décadas, tipo Rioja. «Se tes a oportunidade de probar unha boa botella, o seu cativador sabor a flor salvaxe, regaliz e afroitado, non podes evitar lembrarte dela», di o paisano, e menos mal que non se mete a analizar o botelo, os pementos ou a cecina, que se non xa se vén vivir para aquí.

E si, digo aquí porque me pon moi contenta que se acorden de nós de tan lonxe, dende a máis sincera modestia e o máis sincero pailanismo, e por facer ver a nivel interno que en Galiza non só se nos dá ben o branco das rías, habendo bo tinto do interior. Por que o Bierzo está claro que é noso. Sobre todo cando nos convén.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento