Nunca antes oíra el tal topónimo e agora éncheselle a boca de morapio ao comparalo cos caldos españois das dúas últimas décadas, tipo Rioja. «Se tes a oportunidade de probar unha boa botella, o seu cativador sabor a flor salvaxe, regaliz e afroitado, non podes evitar lembrarte dela», di o paisano, e menos mal que non se mete a analizar o botelo, os pementos ou a cecina, que se non xa se vén a vivir aquí.
E si, digo aquí porque me pon moi contenta que se acorden de nós de tan lonxe, dende a máis sincera modestia e o máis sincero pailanismo, e por facer ver a nivel interno que en Galiza non só se nos dá ben o branco das rías, habendo tinto do interior. Por que o Bierzo claro que é noso. Sobre todo cando nos convén.
Comentarios
Hemos bloqueado los comentarios de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.
Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios