Versión impresa

A festa non vai parar

Con este título unha canción «dance» está a arrasar nas discotecas do país. O retrouso ten a mesma ciencia que o de calquera outro en calquera idioma: A festa non vai parar/ Contigo quero xogar/ Esta noite voarei/ co son dance do meu DJ. A única diferenza, e novidade, é que está en galego. E o máis asombroso é que non se fixera antes. Porque a lingua principal do gando (con cariño) que acudimos ás grandes macrodiscotecas como Hermo de Muimenta, LP-45 de Ordes ou Tattoo da Estrada somos máis ou menos da aldea e falamos máis ou menos en galego. En cambio, os carteis, os camareiros, fálannos en castelán. Di DJ Son1c que cando pincha A festa non vai parar, composta por el, a disco entolea. Cancións en inglés e castelán hai a patadas, e esta triunfa porque chama a atención. Neste mundo onde todos competimos contra todos, marcar a diferenza é esencial. E este gando está desexando que nos boten pienso pensado (só) para nós.

Hemos bloqueado los comentarios de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.

Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios