Pachi Vázquez acusa á Xunta dunha xestión "catastrófica" nos incendios

O secretario xeral do PSdeG, Manuel 'Pachi' Vázquez, acusou este domingo á Xunta de Galicia de realizar unha xestión "catastrófica" na política contra incendios.
Pachi Vázquez. Incendios
Pachi Vázquez. Incendios
EP/PSDEG-PSOE
Pachi Vázquez. Incendios

O secretario xeral do PSdeG, Manuel 'Pachi' Vázquez, acusou este domingo á Xunta de Galicia de realizar unha xestión "catastrófica" na política contra incendios.

Durante a presentación da candidaturas do PSOE lucense ás Cortes as xerais —encabezada polo ministro de Fomento, José Blanco— acusou á Xunta de que "non había goberno" para coordinar o dispositivo de extinción de lumes. "Eses veciños da Galicia interior piden que declaremos a Galicia como zona catastrófica, pois eu o que pido dende aquí que declaremos a este goberno como goberno catastrófico", sentenciou.

Respecto á onda de lumes dos últimos días na Galicia interior —ue Vázquez describiu como "a maior catástrofe ambiental dos últimos anos"—, o secretario xeral do PSdeG recriminou que tras arder "máis de 20 mil hectáreas", esta vez "había unha diferenza" fronte a outras ocasións posto que "non había goberno".

"Non había quen apagase os lumes, tiveron que ser os homes e as mulleres de cada aldea con ramas e con mangueiras os que se tiveron que defender deses lumes", reprochou á Xunta.

Así mesmo, Vázquez preguntou "onde estaba o presidente Feijóo, estes días de outono de maior incidencia", para responder que "en Argentina. "Onde estaban os membros do Goberno galego: no Bernabéu vendo ao Real Madrid; onde estaban os alcaldes do PP: de vacacións; e a nosa xente soa e abandonada", censurou.

Ao respecto, incidiu en que o Executivo galego "non estivo, nin quere estar". "Eles din que non pasa nada. Desparece o sistema financeiro e din que non pasa nada, crece o paro o dobre que en España, caen as afiliacións á Seguridade Social e non pasa nada, dous mil traballadores menos na sanidade e na educación e non pasa nada", lamentou Pachi Vázquez.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento