Pontevedra

A rede de Babel

Nas últimas semanas xa apareceron tres tradutores automáticos que convirten calquera texto en castelán ao galego e ao revés. Antonte souben dun invento para o navegador que permite traducir ao momento webs de múltiples idiomas, o que me fai pensar que dentro de non tanto xa pouco importará a lingua orixinal na que estean escritas as cousas, cando ti as vas poder ler no teu ordenador no idioma que máis che preste.Daquela se cadra podemos prescindir dos choros pola pouca presenza da nosa lingua e usala sen complexos para comprar un libro en Amazon ou ver as breaking news de Al Iasira. Ciencia ficción? Xa verán que pouco tarda en chegar. Agora é cando digo: snif, que marabillosa é internet.
loading...