Pontevedra

Gato por lebre?

Pero, tamén é certo que hai quen pode ver nesa medida un paso máis (adiante, iso si) na política globalizadora da metrópole viguesa para converte-la península do Morrazo nunha especie de colonia-cidade dormitorio a grande escala. E, segundo Spoke, máis dun sinal indica que por aí van os tiros.Dunha banda, unha flamante vía rápida (onde os ventos son corridos) e unha morea de urbanizacións estratexicamente situadas; pola outra, máis aparcadoiros subterráneos (veñen outros seis!) no medio da cidade.

Daquela, que Rande sexa de balde pode custarnos caro? Si, cre Spoke, se crecer non leva aparellado prioriza-lo transporte público e é sinónimo de degrada-lo ambiente. E iso, aínda que isto non sexa o Mediterráneo, nin nós vivamos en Marbella. Ou si?

loading...