Air Miña Reina

Faino ti mesmo, dicía unha vella expresión punk (que graza me fai dicir vello e punk na mesma frase), claro exemplo do espíritu emprendedor: se non che gusta a música que se fai monta un grupo, quen che quita.
E así triunfaban -ou non- no mundo da música, sen necesidade de MBA nin estudos empresariais, e moito menos musicais. O espíritu punk move o mundo, e se non que llo digan a Lucía Bouzas, unha señora de Rois que de tanto sufrir os retrasos nos aeroportos un día decidiu que non agardaba máis e montaba as súas propias liñas aéreas.

Mercou un avión con capacidade para dez persoas e agora non só ela cruza o océano Atlántico sen retrasos, senón que llo aluga a quen o precise e ten xa o negocio montado. O día que Lucía lle dixo ao seu home na cola dun aeroporto  «podiamos mercar un avión nosoutros», el contestoulle «si, miña reina». E Air Miña Reina quedoulle á empresa. Eu entendo que comparar un capricho de señora rica coa filosofía punk é algo delirante, pero aínda así: a que son riquiños?

Mostrar comentarios

Códigos Descuento