Alfa e omega

Se lle soa esta frase é que está bastante afeito a escoitar na RG uns anuncios que teñen como misión incitar á poboación a «pasarse ao galego».
Son dous e simbolizan o alfa e o omega da nosa lingua: un neno que fala que dá xenio oílo e un señor que lle reñe á súa anciá nai porque non fixo o testamento en galego. E a min os dous anuncios deprímenme un pouco. Primeiro, porque os nenos e os vellos son a xente que máis emotividade e compaixón me espertan, e segundo: porque parecemos destinados a que a lingua produza eses mesmos sentimentos.

Con independencia de que o neno que de maior quere ser gardabosques nos pareza riquiño e repelente a partes iguais, e de que o do testamento nos dea ganas de botar un mármore por riba, quen queira pode sacar conclusións: 1) en Galiza só hai un neno que fale galego e 2) é a lingua que deberíamos levar para o nicho.

Entre eses dous momentos da vida hai iso, unha vida enteira. E ademais, no século XXI, que neno quere ser gardabosques?

Mostrar comentarios

Códigos Descuento