Unha foto fixa

Pode que sexa un asunto menor, pero non deixa de ser curioso que nunha cidade (a nosa, of course) que leva camiño de bater tódalas marcas no que a concentración de edificios dedicados á Arte (con maiúsculas) se refire, non haxa ningunha sala de cine onde boten filmes deses que se chamaban de «arte e ensaio», ou sexa en versión orixinal subtitulada.
O cinema, e non só o mudo, xa hai tempo que é unha arte (a sétima) e a que mellor representa, posiblemente, o noso pasado inmediato, pero seica esta cidade nisto do celuloide, como en tantas outras cousas, ou non chega a tempo ou xa está de volta.

En palabras de Spoke: ou bautizáde-lo Museo das Palabras de Samil cunha palabra morta (o latín non deixa de ser unha lingua morta, ou montades un Marco incomparable (no lugar dun cárcere) onde os rapaces máis desinhibidos poidan transgredir tódalas fronteiras.

Vivimos, polo visto, nunha foto fixa na que se xuntan un pasado (destruído) e un futuro (en construción). Para cando a película?

Mostrar comentarios

Códigos Descuento