De memoria

Acaba de empezar e xa non se escoita outra cantilena en tódalas bases interestelares polas que Spoke pasou antes de chegar onte aquí: estamos no ano Mozart.
Ou, o que é o mesmo: este ano vai para un cuarto de milenio que naceu ese prolífico compositor de melodías áulicas. Calquera desculpa é boa para facer memoria (sómo-la suma do que fomos) e traer ata o presente aquelas cousas que consideramos dignas de ser recordadas.

E a música de Mozart é, sen dúbida, unha delas. Pero, precisamente por iso, resulta máis curioso aínda ver como hai outras (aquelas que nos tocan máis de preto, as que nos fan ser máis o que somos) ás que deixamos marchar, con absoluta desenvoltura, polo desaugadoiro do esquecemento. E na nosa cidade hai exemplos a fartar, segundo Spoke.

Por unha banda, o lifting  permanente ó que se somete á súa fisionomía urbana, pola outra, o progresivo esvaecemento dos nomes dalgúns dos que a habitaron. Enrique Macías, por exemplo. Un gran compositor vigués do século XX. A súa música tamén forma parte da nosa memoria. E dentro de dous anos el cumpriría 50. Spoke cre que aínda estamos a tempo.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento