Quédanos Portugal

Emenos mal que nos queda cerca, porque se non, non saberiamos nin que existen os nosos veciños, eses que veñen os sábados comprar a Vigo mentres nós imos un pouco máis abaixo para facernos con toallas.
Sorte que están aí ao lado, por que se non ignorariamos que este domingo teñen eleccións, e esa é unha escusa coma outra calquera para acordarnos dos países estraños: Liberia, Chile, Portugal. Os nosos veciños escollen presidente entre 6 candidatos, e se nos soa o nome de dous é porque xa foron presidentes antes, e claro, como non imos saber o nome do presidente de Portugal? E do Primeiro Ministro? É que non é o mesmo.

Dediquen un dos 20 minutos que dedican a ler este xornal a cavilar no nome de tres portugueses famosos, e non valen nin Figo nin Dulce Pontes nin... esto... Pessoa. Portugueses vivos. Hainos, e saben facer máis cousas que cociñar bacallau e cantar fados. Nin teñen todos bigote. Nin todas.Convídoos a  que o descubran.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento