Xunta, MARM e Concello chegan a un acordo para desbloquear a depuradora de Vigo, que será propiedade municipal

A Xunta, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino (MARM) e o Concello olívico chegaron hoxe a un acordo para desbloquear a construción da nova depuradora de Vigo, cun borrador de convenio no que se recolle que, unha vez finalizada a obra, esta será entregada á Administración local, que será propietaria e encargada da súa explotación.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, quen explicou que, segundo ese convenio —que será ratificado polas tres partes "en moi poucas semanas"—, o Concello porá os terreos, valorados en 10 millóns de euros; a Xunta aboará 104 millóns; e o ministerio, a través de Aquanorte e con cargo a fondos Feder da UE, porá 112 millóns de euros.

Ademais, a explotación correrá integramente a cargo do Concello, que se converterá en propietario da planta, aínda que o será de forma indirecta, a través dunha entidade mercantil ou comercial. Esta nova figura xurídica crearase co fin de que, ao asumir a parte municipal o pagamento dos 38 millóns de euros de IVE, poida reclamarse ese diñeiro en forma de 'IVE deducible'. (

Haberá ampliación)

Mostrar comentarios

Códigos Descuento