En declaracións aos medios antes de participar nun acto con motivo do 8M en Vigo, e despois de que a CIG dese a coñecer a resolución do Supremo e pedise a súa dimisión, a conselleira lembrou que ese caso (denunciado polo sindicato) "é algo que vén de 2016 e desde 2018 está acatado o fallo".
No entanto, e a pesar desa primeira resolución do alto tribunal galego, a Consellería de Educación presentou recurso de casación (que agora foi inadmitido polo Supremo). Pomar xustificou este mércores esa decisión, porque "foi un dereito que tiña" o seu departamento, aínda que insistiu en que o fallo está "acatado desde 2018". "E non hai máis nada que engadir", resolveu.
Os feitos remóntanse ao ano 2016, cando a Consellería de Educación creou unha praza para unha docente que tiña o seu posto de traballo en Avilés, no Principado de Asturias, e que non podía obter destino en Galicia porque non existía un posto da súa especialidade nos centros educativos, ao non ser necesaria.
A beneficiaria deste posto era Beatriz Seco González, actual directora do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) -e cuñada de Susana López Abella, exsecretaria xeral de Igualdade da Xunta e integrante da candidatura do Partido Popular ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo-.
Comentarios
Hemos bloqueado los comentarios de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.
Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios