CC.OO. denuncia que 20 pacientes das urxencias do Chuvi esperaban cama este venres, 17 deles no Meixoeiro

Comisións Obreiras denunciou que este venres se volveron rexistrar novos "colapsos" nos servizos de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), onde esta mañá había 20 pacientes que esperaban a ser asignados a unha cama hospitalaria, 17 deles no Hospital Meixoeiro.

Comisións Obreiras denunciou que este venres se volveron rexistrar novos "colapsos" nos servizos de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), onde esta mañá había 20 pacientes que esperaban a ser asignados a unha cama hospitalaria, 17 deles no Hospital Meixoeiro.

Así o comunicou a Europa Press a responsable comarcal de Sanidade de CC.OO., Araceli Loureiro, quen indicou que ás 9,00 horas deste venres mellorara a situación no Hospital Xeral, a pesar de que aínda había tres pacientes pendentes de ingreso.

Baseándose nestes datos, a situación das urxencias hospitalarias do Chuvi mellorou respecto ás denuncias que o sindicato trasladara en días anteriores, que fora de 30 pacientes ingresados sen cama este xoves e 47 o mércores.

Malia todo, Loureiro volveu criticar que a dirección da EOXI non está a dar ningunha resposta a esta situación, na que ademais dos pacientes pendentes de cama hospitalaria tamén houberon suspensións de intervencións cirúrxicas. "É amoral", sentenciou.

Cuestionada acerca das declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que este xoves augurara que ata que non se abra o novo hospital de Vigo na cidade se producirá "saturación" nas urxencias cada vez que se produzan "picos" na actividade asistencial, Loureiro asegurou que estas palabras non son de alguén con "talle político".

Desta forma, reprochoulle que usase como "almofada" para xustificarse as fracturas de cadeira. Os servizos de urxencias "non se colapsan por 11 cadeiras rotas. Se hai colapso é porque non temos a infraestrutura necesaria, que é algo que sempre denunciamos", recalcou a sindicalista.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento