O equipo de Clesa confía en que a venda de factoría de Caldas (Pontevedra) se peche antes do día 20

A presidenta do comité de empresa da fábrica de Clesa en Caldas de Reis (Pontevedra), Dolores Ramos, confía en que a venda da factoría se peche antes do mércores día 20, cando finaliza o prazo fixado polo xuíz no seu último auto.
Imagen De Una Central De Clesa
Imagen De Una Central De Clesa
EUROPA PRESS
Imagen De Una Central De Clesa

A presidenta do comité de empresa da fábrica de Clesa en Caldas de Reis (Pontevedra), Dolores Ramos, confía en que a venda da factoría se peche antes do mércores día 20, cando finaliza o prazo fixado polo xuíz no seu último auto.

Ramos destacou, en declaracións a Europa Press, que as negociacións entre a Agrupación Cooperativa Láctea S.L (Acolat) e a administración concursal de Clesa "se están a pechar", polo que están "nos últimos momentos" antes de asinar a venda.

O último auto do Xulgado do Mercantil número 6 de Madrid, emitido recentemente, desestima o recurso presentado pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social pola débeda de Clesa.

Agora, segundo apuntou a presidenta do comité de empresa, á Seguridade Social quédalle acudir "a instancias superiores", aínda que o equipo non ten constancia de que o fixera e confía nas conversacións mantidas por responsables do Goberno galego e do propio Ministerio de Empleo, aos que agradece a súa implicación.

Á titular de Emprego, Fátima Báñez, e ao secretario de Estado de Seguridade Social, envioulles unha carta a propia Dolores Ramos na que lles explicaba a situación na planta de Caldas de Reis. "Contestáronme inmediatamente dicindo que eran conscientes do problema dos postos de traballo", resaltou.

Por iso, sinalou que os traballadores se atopan "á espera" e, malia "os rumores" que xorden en torno ao futuro das instalacións, esperan en que a venda se peche antes do próximo mércores, día 20.

Mostrar comentarios

Códigos Descuento