A vida en coiros

A min antes non me chistaba o naturismo, primeiro porque me espantan bastante todos os -ismos, segundo, porque nolos pintaban como xente rara ou jipi ou vegana ou a saber que cousas peores.
Peor aínda cá xente dos taparrabos porque nin taparrabos levaban. Co monos que son os biquinis aínda que o malo sexa a operación ídem: ximnasio, depilación, anticelulítico, solarium... total para que che quede unha horríbel marca no corpo con dúas raiolas que pilles na praia. Para iso é moito mellor andar co cu ao aire.E tamén para guindar complexos, aforrar traballos e cartos, mourear en condicións. Porque ao final que nos dá mais vergonza, que se nos vexan os peliños de diante ou a celulite? Os mamilos tesos ou o sobaco sen depilar? Perdida a vergonza cristiano-xenital a outra é aínda moito máis ridícula. E nas praias nudistas a xente mira moito menos para os corpos dos seus veciños que nas textiles. Aí lles deixo pois o meu consello estival: adeus bañador. Respiren. Aforren. Sexan felices.
Mostrar comentarios

Códigos Descuento