Para iso é moito mellor andar co cu ao aire. E tamén para guindar complexos, aforrar traballos e cartos, mourear en condicións. Porque ao final que nos dá mais vergonza, que se nos vexan os peliños de diante ou a celulite?
Os mamilos tesos ou o sobaco sen depilar? Perdida a vergonza cristiano-xenital a outra é aínda moito máis ridícula. E nas praias nudistas a xente mira moito menos para os corpos dos seus veciños que nas textiles. Aí lles deixo pois o meu consello estival: adeus bañador. Respiren. Aforren. Sexan felices.
Comentarios
Hemos bloqueado los comentarios de este contenido. Sólo se mostrarán los mensajes moderados hasta ahora, pero no se podrán redactar nuevos comentarios.
Consulta los casos en los que 20minutos.es restringirá la posibilidad de dejar comentarios